O pleno extraordinario pola crise dos Grumir levarase a cabo a petición do PP

    grumr400_180408.jpgVILAGARCÍA > A petición do PP de Vilagarcía para a celebración dun pleno extraordinario foi aceptada onte polo grupo de goberno.

    O tema que se tratará é a xestión levada a cabo polo executivo local entorno ó grupo de intervención rápida . Os populares esixen responsabilidades pola falta de transparencia e mala xestión do goberno na crise dos Grumir . Por outra banda o socio de goberno nacionalista cualifica a actitude do PP como partidista.

    Cando parecía que as augas volvían ó seu rego, volve a abrirse o conflito dos Grumir. Pero nesta quenda serán os políticos quen sigan batallando na guerra. O PP solicitou un pleno extraordinario sobre a crise dos Grumir, co obxectivo de coñecer a xestión que o executivo local levou a cabo ata conseguir a renovación por 3 meses máis dos grupos de emerxencia, ou canto estivo o municipio de Vilagarcía sen o servizo de emerxencias 24 horas. O pleno extraordinario celebrarase logo de darse o de carácter ordinario como cada último xoves de mes.

    Os populares queren depurar responsabilidades sobre a xestión realizada. O Partido popular declara que o traballo realizado na solución dos problemas xerados pola supresión dos grupos de intervención rápida puxo en evidencia a ineficacia do bipartito . O PSOE non quixo entrar a valorar a decisión dos populares, quen si o fixo foi o BNG que cualificou a actitude dos populares de partidista co único fin de provocar enfrontamentos entre o goberno .

    O nacionalista, Xose Castro Ratón sinalou que o obxectivo do PP de Vilagarcía é buscar a crispación mediante os medios de comunicación.

    Redacción Salnés