VINOVA_GROUP_VILANOVA> A empresa Vinova Group instalarase no polígono do Sea, en Vilanova. A firma de conxelados investirá 24 millóns de euros nas súas novas instalacións. A previsión é que xere máis dun centenar de postos de traballo.
O polígono industrial da Sea, en Vilanova, contará cunha nova empresa nas vindeiras datas. Os acordos entre Suelo Empresarial del atlántico e a empresa Vinova Group levan á firma a crear unhas novas instalacións no polígono vilanovés. A empresa instalarase nunha superficie de máis de 19 mil metros cadrados, investirá 24 millóns de euros e xerará máis de 100 postos de traballo.
A firma de conxelados desenvolverá un complexo frigorífico que contará con capacidade para frío negativo, positivo, cámaras de conxelados, cámaras para túnidos, sala de elaboración e oficinas. Dende o concello agarda que esta empresa actúe como motor do polígono.
A instalación da marca en Vilanova é grazas á política da nova xerencia de Suelo empresarial del atlántico de reducir os custos nos seus polígono. Unha estratexia que levan anos defendendo no concello de Vilanova.
Dende a firma destacan que se decantaron por Vilanova pola súa posición estratéxica.
A empresa informou que as obras comezarán a finais de ano e a previsión é que estean finalizadas a principios do 2022.