![]()
MEAÑO> Os traballos supuxeron unha inversión de máis de cincocentos corenta mil euros por parte do goberno autonómico.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_IES_MEANO.flv{/flowplayer}
Esta remodelación consistiu na reparación de cubertas, a substitución de carpinterías e acondicionamento xeral do centro. Ademais, a fachada tamén foi sometida a saneamento e pintado e construíuse un porche na planta baixa cubrindo, así, o acceso ó ximnasio desde o interior do edificio. Un proxecto básico de reparación que supuxo unha inversión de máis de 540.000 euros.
Pola súa banda, o alcalde de Meaño agradeceu a colaboración proporcionada desde a Xunta de Galicia e puxo de relevo a disposición do Conselleiro de Educación a traballar conxuntamente.
O Conselleiro destacou, finalmente, que a partir do vindeiro curso o CEIP As Covas pasará a formar parte do Plan Abalar.
Colexios Sanxenxo e A Illa
Nesta visita, o Conselleiro de Educación adiantou que a finais do mes de agosto, comezos de setembro, presentará o proxecto definitivo para a construción do novo centro educación de O Revel, en Vilalonga, no concello de Sanxenxo. Deste xeito, tal e coma confesou Xesús Vázquez, dáse resposta a unha demanda da comunidade educativa da zona.
Con respecto a outro CEIP deste municipio que leva anos reclamando un novo colexio, o de Dorrón, Vázquez informou que antes de finais de anos presentarán un proxecto, que se levará desde a xefatura territorial, para poder facelo por fases falarase dun proxecto para o colexio de Dorrón.
Pola contra, o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, confesou que, polo momento, non se vai facer a ampliación do centro educativo de A Illa de Arousa.
Redacción Salnés








