A cidadanía cre que a corrupción política está xeralizada

     O SALNÉS> Os últimos casos de corrupción publicados no noso país veñen a malferir a opinión que os galegos…

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_corrupcion.flv{/flowplayer}

     … teñen da clase política en xeral. O impacto é tal que o 83 % dos enquisados asegura que a corrupción política está xeralizada independentemente da cor dos partidos, o que supón un grave problema para a poboación e para a recuperación da crise económica da que adoece.

    O impacto na opinión da cidadanía ven a agravarse aínda máis por producirse nun momento especialmente sensible para a poboación, no que se lle esixes constantemente esforzos de austeridade; namentres as novas que lle chegan desde as portadas dos distintos medios de comunicación falan de despilfarro de grandes sumas de cartos branqueados ou cobrados indebidamente.

    Amais, cando a situación de España depende en gran medida da aprobación que se faga de nós en Europa, á poboación preocúpalle a imaxe negativa que entende que estas novas poden dar de nós alén das nosas fronteiras.

    Ante estes feitos, os veciños das Rías Baixas claman por un cambio radical na ética e xeito de comportarse dos nosos políticos. Queren que dean exemplo para o resto da poboación para que realmente así poida dar un cambio a economía do noso país.

    Redacción Salnés