Un veciño de Cambados presenta 150 reclamacións no Hospital do Salnés

    reclamacions100_311008.jpgVILAGARCÍA > José Ramón Villanueva é un veciño de Cambados que esta mañá presentou cento cincuenta reclamacións ante o Hospital do Salnés …

    {flowplayer}images/salnes/reclamacions.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > José Ramón Villanueva é un veciño de Cambados que esta mañá presentou cento cincuenta reclamacións ante o Hospital do Salnés, avalando á súa. Continuos erros, tanto nas diagnoses coma nas probas son o contido esencial destas reclamacións.

    José Ramón acudiu no seu propio coche, ata o centro médico de Cambados, cun dolor forte no peito o mes pasado. Alí todo apuntaba a que tiña un tromboembolismo pulmonar, así que o remitiron ao Hospital do Salnés, onde non ven nada grave e tras poñerlle oxíxeno, danlle o alta.

    José Ramón conta que o día un tivo que volver ao Hospital porque os dores non cesaban e amais tiña febre. Tras diversas probas, diagnostícanlle unha gastrite. Cando ían facerlle unha endoscopia, cambiaron de opinión e realizaron un TAC, que, finalmente, foi o que permitiu a diagnose. Segundo paciente, á hora de levar o tratamento, non sentía coordinación entre médicos e enfermeiras Unha vez tivo claro o traslado, non rematou a lista de erros, que, segundo Villanueva cometeron con el.

    A mais da súa reclamación, Jose Ramón presentou esta mañá cento cincuenta mais, de ex- pacientes do Hospital do Salnés, procedentes das catro provincias.

    Redacción Salnés