O PPdeG propón o uso de dispositivos portátiles para administrar o Sintrom

    sintrom_100_240408.jpgBARBANZA > O PPdeG presentou unha iniciativa no Parlamento solicitando a extensión do uso de dispositivos portátiles para a medición da coagulación.

    {flowplayer}barbanza/sintrom.flv{/flowplayer}

    A proposición non de lei rexistrada polo PPdeG pretende extender o uso dos aparatos portátiles para medir a coagulación do sangue a tódolos médicos de cabeceira, centros de saúde e mesmo pacientes susceptibles de efectuar o autocontrol con garantías de seguridade.

    Estes dispositivos que propoñen os populares permiten medir o nivel de coagulación cunha única gota de sangue e axustar a dose necesaria de anticoagulante para cada paciente.

    Múltiples vantaxes

    Entre as vantaxes destes aparatos, os populares destacan a de evitar as extraccións venosas periódicas para os pacientes así como os tempos de espera ata obter o resultado das análises.

    Así mesmo insisten en que esta nova modalidade aforra custos ó sistema sanitario tanto no referente a persoal como a hospitalizacións derivadas de complicacións do tratamento.

    Programa piloto

    Dende o Partido Popular, agardan que o goberno da Xunta sexa sensible ás necesidades dos pacientes do Sintrom e apoie a proposta de poñer en marcha un programa pioneiro no Barbanza co fin de valorar a súa eficacia e estudar a súa extensión ó resto de Galicia.

    Redacción Barbanza