Achados restos humanos nun piñeiral próximo ó alto de Cabío

POBRA> Os restos óseos, aparentemente humanos, foron atopados entre a maleza por un veciño que paseaba cos seus cans nun pinar próximo ó alto de Cabío.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia que se encargaron de retiralos e envialos a analizar ó Instituto de Medicina Legal de Galicia de Santiago.

O informe do Imelga determinará se realmente son humanos. Se o foran, abriríase unha investigación para tratar de identificar a súa pertenza.

Todo apunta a que si. Dáse a circunstancia de que na zona en 2008 desaparecera un octoxenario do que nunca máis se soubo do seu paradoiro.

Durante días familiares, amigos e persoal de Protección Civil estiveran a buscalo pola zona, pero nunca foi localizado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí