Anmupesca reivindica en Madrid o peso da muller no sector do mar

MADRID> A Conselleira do Mar acompañou ás mulleres da pesca no acto celebrado en Madrid para conmemorar o oito de marzo. As traballadoras do mar deron a coñecer as peculiaridades do seu traballo nunha xornada demostrativa.

A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Anmupesca, sumouse ós actos celebrados en Madrid co gallo do Día da Muller. Trala concentración na Praza de Colón, desenvolveuse unha exposición nos xardíns do Descubrimento. Alí, mariscadoras, percebeiras, redeiras, pescantinas ou biólogas, deron a coñecer os seus oficios e a importancia clave das mulleres neste sector.

Este acto súmase a outras campañas que está a desenvolver Anmupesca para dar visibilidade ás profesións femininas do mar como a difusión na redes sociais de fotografías das profesionais durante a súa xornada de traballos.