A Xunta promove o uso do galego nos campamentos de verán

    BOIRO> A Directora Xeral de Xuventude e o Secretario Xeral de Política Lingüística estiveron no Campamento de Espiñeira para participar na actividade ‘O galego campa!’. Este verán, unha vez más, a nosa lingua vai de campamento. A iniciativa, que poñen en marcha conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, promove o uso do galego, especialmente entre a xente máis nova. Para estes campamentos desenvolvéronse 7 dinámicas coas que se queren enriquecer as actividades do tempo libre en galego. E é que non só o galego se apunta aos campamentos este verán, a educación democrática e os dereitos humanos tamén se implican nesta aventura.