O Karting Sanxenxo mantense vivo nas Dakar Series en Hungría

dakar250_240408.jpgSALNÉS > Durante estes días estase a disputar a primeira proba das Dakar Series, en Hungría, o Rally de Centroeuropa. Alí está a participar o Karting Sanxenxo Leite Río que sitúase a día de hoxe na metade da táboa, no posto 41.

O Dakar tivo que ser suspendido este polas ameazas terroritas que sufríu a organización do máis famoso raid de cantos se disputan no mundo. No seu lugar naceron as Dakar Series, que non pasarán nin polo deserto do Sahara nin por África pero que tentan manter o espírito de dureza e superviviencia do Dakar orixinal.

A primeira proba xa está en marcha e un piloto do Salnés, José López Rivas, participa ós mandos dun Misubisi L200, o Karting Sanxenxo Leite Río, acompañado desta volta por Joan Rubí como copiloto.

Ó término da segunda manga da terceira etapa sitúanse na xeral coma o terceiro equipo de entre os vinte españois privados que participan. A rotura dun palier na xornada do martes dificultou a marcha de Rivas e Rubí, que pese a todo superaron os seus problemas para chegar á liña de meta e continuar en carreira.

Nas etapas que se teñen disputado a ta o de agora, na primeira finalizaron no posto 68, recuperando 21 posicións con respecto á súa situación na saída. Nese día sufriron un pinchazo ( tamén na xornada seguinte) pero iso non lles impedíu colocarse co grupo dianteiro. Agora ocupan o posto número 41 da xeral de coches.

O obxectivo do Karting Sanxenxo é rematar a competición e chegar enteiros o sábado á meta situada no Balaton Lake. Despois deste Rally de Centroeuropa, aínda quedarán dúas probas que completarán as Dakar Series, unha en Sudamérica, en Arxentina e Chile e outra na Península Ibérica, que recorrerá a zona sur de Portugal e España.

Redacción Salnés