![]()
SANXENXO > Veciños da Revolta en Noalla denuncian o deplorable estado no que se atopa a fonte de Ons e o seu correspondente lavadoiro;
…unha construcción que os veciños recordan neste lugar de toda a vida e que para eles ten un importante valor patrimonial e sentimental. Desde fai uns anos, neste lugar comezaron a construírse varios edificios e vivendas, cuxas promotoras de comprometeran a deixalas en perfecto estado unha vez rematadas as obras.
Agora as obras remataron, e os veciños ven como tanto a fonte como o lavadoiro, non son máis que un recinto cheo de lixo, onde rematan varias recollidas de augas pluviais e fecais. Neste punto os veciños contemplan con mágoa como este punto emblemático desta localidade de Sanxenxo se atopa en abandono e cuberto de materiais de refugallo e restos de obras. Ademais, a partir deste lavadoiro saía un desaugue limpo que conducía a auga ata o mar e agora, son todos estes desperdicios os que verquen no mar.
Esta situación xa foi denunciada pola asociación veciñal de Noalla en varias ocasións tanto ante o Concello de Sanxenxo como ante as promotoras, sen que ate o de agora ninguén fixese nada máis que pasarse a pelota. Sexa de quen sexa a responsabilidade, a xunta xestora da AAVV ven de solicitar ó Concello que medie por eles e que tome medidas ó respecto, para evitar que se perda o patrimonio que herdaron dos seus antergos.
Redacción Salnés





