Un Policía morre ó caer ó mar cando pescaba nun acantilado

    afogado100_140408.jpgSANXENXO > Un Policía Local de Pontevedra apareceu onte afogado en Portonovo. José Casás Martínez, así se chamaba o falecido, …

    … tiña 62 anos e precipitouse ó vacío en Punta Cabicastro, cando practicaba pesca deportiva.

    afogado200_140408.jpgUn home de 62 anos de idade perdeu onte a vida en Punta Cabicastro, tras precipitarse ó mar dende un acantilado duns 20 metros de altura. O falecido, José Casás Martínez, era natural de Poio e exercía como policía local en Pontevedra. O accidente produciuse ó redor das seis da tarde cando a vícitima practicaba pesca deportiva e, por causas descoñecidas, perdeu o equilibrio e caeu ó mar.

    Ata o lugar do suceso trasladouse a Policia Local, Bombeiros do Salnés, Protección Civil, a Garda Civil de Sanxenxo e axentes de Salvamento Marítimo. Tamén un equipo do 061 tentou durante varios minutos reanimalo pero sen resultados positivos. A víctima presentaba un forte traumatismo craneoencefálico e realizaráselle a autopsia para desvelar as causas exactas da morte.

    O corpo foi localizado ó redor das seis e media da tarde; unha vez confirmado o seu falecemento, foi trasladado ó Porto de Portonovo onde se agardou ó levantamento do cadáver por parte do xuíz de Cambados, xa pasadas as nove da noite. José Casás atopábase no momento do accidente coa súa compañeira sentimental, que precisou de asistencia médica debido ó shock emocional que lle causou o morte da súa parella. Ademais, a víctima deixa tres fillos dun matrimonio anterior.

    Redacción Salnés