A Primitiva deixa dous millóns e medio de euros en Rianxo

    primitivarianxo_100_020508.jpgRIANXO > Rianxo voltou recibir a visita da deusa fortuna grazas a un boleto da lotería Primitiva que se selou na administración número dous da localidade.

    {flowplayer}barbanza/primitivarianxo.flv{/flowplayer}

    RIANXO > O 1 de maio, Día do Traballo foi ademáis, o día da boa sorte para un ou varios rianxeiros que xogaron a loteria Primitiva. Nada menos que dous millóns e medio de euros se embolsará o afortunado que selou o boleto premiado na administración Nº 2 de Rianxo, emprazada na rúa de Abaixo.

    Máis premios

    Non é a primeira vez que esta administración de lotería reparte a sorte entre os veciños de Rianxo, aínda que nunca fixo entrega dunha cantidade tan elevada. Tampouco é a única oficina que repartiu a sorte no municipio xa que hai uns anos, na de Taragoña tocara o gordo do Nadal.

    Grazas a unha única aposta na que figuraban os números dous, dezasete, vintetrés, trinta e cinco, corenta e un e o corenta e cinco, Rianxo conta cun novo millonario. Esta mañá, tras facerse pública a nova, todo eran especulacións sobre a identidade do premiado entre os veciños da vila. O afortunado, de momento, non deu sinais de vida a pesar de que foron moitos os que indagaron para dar con el. O único certo que se sabe é que reside no concello de Rianxo.

    Con todo, o propietario da administración O Mexillón de Ouro mostrouse satisfeito de ter dado unha boa alegría a algún dos seus veciños.

    Redacción Barbanza