Asier Casais encabeza o proxecto de Cidadáns en Ribeira

    RIBEIRA> Asier Casais encabeza a lista de Cidadáns á alcaldía de Ribeira. Ademais de dar a coñecer os nomes dos integrantes nun acto celebrado esta mañá no Ateneo Valle-Inclán, os candidatos expuxeron as principais liñas do seu programa electoral. Xunto coa de Boiro serán as dúas candidaturas da formación que concorrerán ós comicios na comarca do Barbanza. Javier Chouza, o coordinador de Cidadáns en Galicia, foi o encargado de presentar ó candidato que encabezará a lista desta formación á alcaldía de Ribeira. Trátase de Asier Casais, un xoven empresario, que asume o reto de liderar este novo proxecto coa firme intención de renovar a forma de facer política municipal. Precisamente, a necesidade de cambio manifestada pola cidadanía foi o que levou a Asier e o seu grupo a formar esta candidatura. Tras dar a coñecer os nomes que integran a candidatura con Juan José Chouza, María José Brión, José Manuel Cardalda, Laura Riveiro e Ponciano Prego nos primeiros postos, o responsable de campaña debullo as principais liñas sobre as que xirará o seu programa baseado na austeridade. A de Ribeira é unha das dezanove candidaturas que Cidadáns presentará en Galicia e das que sairá o comité territorial para as vindeiras citas electorais.