Empate do Céltiga na casa que prolonga o sufrimento

futbol250_020508.jpgSALNÉS > O Céltiga sumou onte un importante pero insuficiente punto na casa tras empatar sen goles co Ordes, nun dos partidos adiantados da xornada. Mañá xogará o Arousa e o domingo farano Vilalonga e Portonovo.

Búscabase a victoria pero a estas alturas todo o que sexa sumar é bo. Non será un punto tan malo se é que non se dan excesivas sorpresas esta xornada. E é que os rivais que ten por eludi-lo descenso non terán unha fin de semana sinxela; o Pontevedra B recibe ó líder Lalín na casa; e Betanzos e Negreira enfróntanse entre eles no García Irmáns.

No encontro de onte víuse poco fútbol, cun Céltiga que dispuxo das mellores ocasións na primeira metade pero que na segunda foi dominado; empate final sen goles, que reflicte con xustiza o acontecido sobre o céspede do Salvador Otero.

Na mesma situación que o Céltiga está un Portonovo que despois da victoria en Betanzos críase salvado, pero é que este ano o descenso pode estar preto dos 45 puntos. Restan tres partidos e con vencer nun deles os de Piscis non terían problemas para mante-la categoría. Co Lemos pecharán a liga en Baltar, rival propicio para levarse o triunfo, pero os portonoveses non queren aplazar máis a súa salvación e sairán a por todas en Verín onde se xogan os tres puntos este domingo.

Por arriba o Vilalonga estará cos ollos en San Pedro e os oÍdos atentos ó que pase no Roxo entre Cerceda e Arousa. Os de Laxes non se adestraron esta semana despois de facer un plante á directiva tras dous meses sen cobrar. Xa salvados non se xogan nada pero o seu resultado pode repercutir nas opcións de ascenso do Vilalonga que se xogará co Coruxo o domingo ás 18:00, seguir con opcións de meterse como cuarto no playoff.

En Preferente Autonómica o Ribadumia xoga en Gondomar o domingo ás 17:00 mentres que ás 17:15 o Unión do Grove recibe en Monte da Vila ó Choco.

Redacción Salnés