Louzán e Peña inauguran en Lois o Muíño do Casal

    muino_lois100_050508.jpgRIBADUMIA > Deputación de Pontevedra e Concello inauguraron este domingo o Muíño do Casal, na parroquia de Lois

    … A construción foi recuperada a través da labor dos alumnos do obradoiro de emprego A Segorella.

    Ribadumia conta xa cun novo muíño restaurado. O presidente da Deputación, Rafael Louzán e a alcaldesa Salomé Peña inauguraron onte en Lois o muíño do Casal. A posta en funcionamento deste muíño englóbase dentro da primeira fase de restauración e recuperación do patrimonio etnográfico do Salnés, que desenvolveron os alumnos do obradoiro de emprego A Segorella.

    Na segunda fase, e como parte do proxecto As roteiras da auga, a Deputación investirá un total de 600.000 euros para recuperar 14 muíños, 9 lavadoiros, 7 fontes, 2 atrancos de auga, unha canle fluvial e dúas rutas de sendeirismo dos concellos de Meis, Meaño e Ribadumia. As actuacións van destinadas a conservar e salvagardar a riqueza natural e o patrimonio histórico-etnográfico do interior do Salnés. Os traballos serán financiados na súa totalidade pola Deputación e a Mancomunidade do Salnés realizará as obras. 

    Redacción Salnés