A ILLA > A Consellería de Política Territorial negociará o mércores cos veciños afectados polo acceso ó porto do Xufre, na Illa de Arousa…
{flowplayer}images/salnes/visitacotop_illa.flv{/flowplayer}
A ILLA > A Consellería de Política Territorial negociará o mércores cos veciños afectados polo acceso ó porto do Xufre, na Illa de Arousa. Segundo explicou a delegada provincial María Isabel Domínguez, virase a facer un novo replanteo, xa que Costas do Estado non permite facer a capa de rodadura en zona de dominio público marítimo terrestre.
O novo trazado afecta a unha vivenda e a un negocio, polo que os seus propietarios teñen interposto un contencioso administrativo que ten paralizado o proxecto de forma cautelar. A delegada explicou que de chegar a un acordo cos afectados, as obras poderían empezar de inmediato. Do contrario, habería que empezar de novo o proceso administrativo para modificar o trazado da vía, que afectaría a máis vivendas.
Isabel Domínguez fixo estas declaracións na Illa. Esta mañá achegouse cos técnicos da Consellería para entregarlle ó Concello as obras de recuperación do contorno do antigo peirao de Pau e do Museo da Conserva.
Redacción Salnés