EU asegura que o estudo de detalle da finca de Megasa vulnera a LOUG

    VILAGARCÍA> Esquerda Unida desconfía do futuro da finca de Megasa. Para a formación arousá, o estudo de detalle aprobado no pleno polos votos do bipartito vulnera a Lei de Ordenación Urbanística, e non desbotan recorrer á APLU para que decida sobre a legalidade dun centro comercial na zona. 

     

    Esquerda Unida non da por boas as explicacións do alcalde sobre o futuro da finca de Megasa.

    Esta mañá, a formación cuestionou a legalidade do estudo de detalle sobre o terreo das Carolinas aprobado polo bipartito no pleno deste luns. E é que, aseguran, vulnera a LOUG ao non contar cos informes sectoriais pertinentes.

    Pero van un paso máis aló, e incluso sinalan a intención dos propietarios de que nos terreos se constrúa un centro comercial como o interese que estivo detrás da desaparición da factoría.

    A formación ve detrás das xestións de Fole unha política caciquil, de favores e que non respecta os códigos éticos, e critican abertamente as reunións que o alcalde admitiu manter con mediadores inmobiliarios.

    Tanto Fajardo como Bueno insistiron na súa oposición ao centro comercial nas Carolinas, e non desbotan presentar unha cuestión ante a APLU para que avalíe a súa legalidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/04/eu_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/04/eu_megasa.mp4{/flowplayer}