O Vilalonga precisa dunha milagre para rematar cuarto

futbol250_050508.jpgSALNÉS > O Vilalonga que desperdiciou unha oportunidade única para achegarse ó cuarto posto da xeral tras empatar co Coruxo na casa.

Complícaselle-la fase de ascenso ó Vilalonga sobre todo despois de empatar sen goles onte na casa ante un rival deirecto por esa loita, o Coruxo. Os de Josiño mandaron no encontro e incluso tiveron un penalti a favor a dez para o final que lle puido da-la victoria, pero Jorge Comesaña, probablemente o mellor do seu equipo onte, mandouno ó pau.

Agora os celestes quédanse a tres puntos do Cerceda e do Coruxo, cuarto e quinto respectivamente. O problema é que tan só restan dúas xornadas para o remate, seis puntos en xogo, e debería agardar dous picazos dos dous equipos, xa que ten con ambos o golaverage perdido.

O Vilalonga non aproveitou os favores que os otros equipos do Salnés lle están a facer; se o Céltiga vencía a semana pasada ó propio Coruxo, este sábado o Arousa facía o propio co Cerceda. Nun exercicio de profesionalidade, os de Laxes, que levan dous meses sen cobrar impuxéronse con xustiza a un dos galos da categoría. Adiantáronse os locais pero Roberto e Damián déronlle-la volta ó marcador.

Xusto o contrario pasoulle onte o Portonovo, que ía gañando en Verín a dez para o final e víu como lle remontaban o encontro. Miguel adiantou ós de Piscis ós dez da segunda metade, pero logo voltaron a caer nos erros que tantos partidos lle fixeron perder na primeira volta e pecaron de falta de concentración nos últimos minutos nos que buscaron máis o segundo gol do que evitar encaixar un. Primeiro Pablo e despois Ivo, no quinto minuto de prolongación, deixaron ó Portonovo nunha situación delicada, con catro puntos de marxe co descenso, algo que non lle permite despitarse nos últimos dous partidos.

Os mesmos puntos ten o Céltiga, que xogou o xoves e empatou no Salvador Otero sen goles ante o Ordes.

Destacar os resultados en Preferente Autonómica na que o Ribadumia impúxose a domicilio 2-5 ó Gondomar mentres que o Uniómn do Grove caeu na casa co Choco por 1-2.

Redacción Salnés