A acusación pide 8 anos de prisión para ó médico de Caldas

    CALDAS > A celebración do xuízo contra o Doutor Lueiro por un presunto delito de abusos sexuais tivo lugar esta maña na sala nº 2 do penal da Audiencia Provincial de Pontevedra. Un xuízo tenso e de carácter mediático no que hoxe declararon os peritos Psiquiáticos de ambas partes xunto con dous amigos da víctima.

    Un caso cheo de contradiccións que quedou visto para sentencia. Ambiente tenso o que se respiraba nos corredores da audiencia Provincial de Pontevedra poucos minutos antes de comezares o xuízo . Veciños e compañeiros do acusado mostraron o seu malestar pola presencia da prensa que exercía o seu traballo diario a informar. A sesión xudicial comezou coas declaracións de dúas testemuñas amigas da víctima . Testemuñas reveladoras sobre todo , nunha das confesións nas que se afirmou que a víctima mostrouse moi interesada pola compensación económica que podía conseguir se denunciaba os feitos.

    Pero o eixo central deste xuízo foron as declaración dos peritos médicos que non arroxaron moita luz sobre o caso. Os peritos solicitados polo ministerio fiscal afirmaron que segundo o exame procesado á víctima, determina textualmente que a súa declaración “ten moitos visos de axustarse á realidade”.

    lueiro3xuiz200_231007_001.jpgA defensa dubida da calidade veraz deste informe xa que foi elaborado un ano despois de producirse os feitos. O informe redactado polos peritos médicos da defensa revelaron que a exploración xinecolóxica e neuronal efectuada polo doutor Lueiro á víctima era necesaria e xustificada. Este informe conclúe tamén que as observacións realizadas, o acusado non presenta ningunha patoloxía e que o seu testemuño pode ser crible mentres que no exame practicado á víctima Sofía Fernández, presenta trastornos alimenticios e depresivos documentados.

    Tanto o fiscal como a acusación particular fixeron patente nas súas conclusión na veracidade do testemuño da rapaza baseándose fundamentalmente na declaración da víctima, mentres que a defensa utilizou as moitas contradiccións existentes ó longo das confesión que a acusación non puido desmontar

    O fervor que os veciños e compañeiros do centro médico de Caldas de Reis senten polo doutor Lueiro fíxose patente na Audiencia Provincial de Pontevedra. Todos mostraron o seu apoio ó medico do que non dubidan da súa inocencia e pola contra poñen en tela da xuízo o testemuño da víctima, rexeitado polos veciños.

    Dende que comezou o proceso xudicial contra o doutor Lueiro tódolos veciños de Caldas e colegas de profesión votáronse ás rúas para manifesta-la súa solidariedade co médico. Hoxe non podía ser menos, compañeiros e pacientes abarrotaron a sala onde se celebrou a vista xudicial.

    lueiro_2_vecinos200_231007_001.jpgÓ remate do xuízo os veciños non aguantaron as ganas de abrazar ó doutor que saía da sala con faciana alegre aínda que segundo nos confesou cansado e farto do proceso. Mesmo algún non puido reprimir as bágoas pola que segundo eles é unha inxustiza.

    Outros criticaron ós medios de comunicación por verter informacións segundo eles infundadas.E houbo quen criticou á familia da víctima que acusa ós veciños de desprezo cara eles, mesmo declararon que recibiron ameazas. Pero todos están convencidos da inocencia do seu médico.

    Redacción Salnés