O Hermanos Barbeito perde en Mera e consuma o seu descenso

futbolsala250_060508.jpgPORTONOVO > Os portonoveses din deste xeito adeus á 1ª Nacional A despois de tres anos competindo nesta categoría.

Finalmente foi en Mera onde se consumou o descenso do Hermanos Barbeito. Este ano baixan catro equipos dende Nacional A, coa posibilidade incluso dun quinto se é que se consuma o descenso dende División de Prata do Ourense, e iso fai imposible para os de Rodri adiantar ós seus rivais cando restan dúas xornadas para o remate da temporada regular e quedan só seis puntos en xogo.

Como único consuelo, os portonoveses poderían aínda adiantar ó Benavente na xeral se é que suman canda menos catro puntos e os catelán-leoneses non son quen de gañar o único partido que lles queda.

Se o sábado se tivese vencido non estaríamos a falar deste descenso e sí das moitas opcións de permanencia. Adiantáronse os locais, pero Noé e Salgueiro en dúas ocasións, déronlle-la volta ó marcador para irse con 2-3 ó descanso.

O pecado do Barbeito estivo en non saber aguatar ese resultado a favor, e máis incluso no minuto 33, cando despois doutro tanto de Noé poñíanse mandando 3-4. Pero nuns fatídicos sesenta segundos no que se baixou a concentración, recibiron dous goles que puxeron o 5-4.

Nos derradeiros cinco minutos Rodri intentouno por tódolos xeitos posible, sacando porteiro xogador, arriscando en busca dun empate que ó final non chegou.

Duro palo para un equipo e para un plantel que despois dunha mala porimeira volta comezaba a recuperarse. Pese ó descenso o conxunto portonovés amosou que ten nivel dabondo como para militar nesta categoría do fútbol sala nacional. Este ano, a falta de acerto de cara á portería rival condenoulles. Agardemos que o vindeiro ano poidamos falar da volta do Barbeito a Nacional A.

Redacción Salnés