Sanxenxo acollerá o Cpto. de España en clase Vaurien

vaurien250_00708.jpgSANXENXO > O Centro Náutico Caixa Galicia acolleu esta mañá a presentación do Campionato de España de Vaurien que se celebrará en Sanxenxo do 12 ó 16 de xullo. Máis de 40 barcos chegado dende case tódolos puntos de España tomarán parte nesta competición.

No Real Club Náutico de Regatas de Sanxenxo non se para. Despois da intensa Semana Naval cargada de competición, estes días tocará o 45º Campionato de España en clase Vaurien.

No club, contan coa boa experiencia do 2005, no que organizaron os mundiais desta clase e contan con facer, como sempre, un bo papel coma anfitrións.

Dos 40 barcos que participarán hai catro que serán do club local e que intentarán deixar a Galicia no lugar que lle corresponde, no máis alto que é onde soen estar.  

Ademais, esta proba é puntuable para o ranking da clase que decidirá qué embarcacións participan no vindeiro Campionato do Mundo que se vai celebrar en Matosinhos, Portugal, a primeira semana de agosto.

No estrictamente deportivo, faraselle unha recepción os participante o sábado, día das medicións dos barcos, para xa o domingo entrar en competición; serán 3 mangas por día ata o mércores para un total de 12,que darán o campión da clase en categoría absoluta, feminina e xuvenil.

Redacción Salnés