As traballadoras de Pérez Lafuente non descartan a folga

    traballadoras_perezlafuente_100.jpgVILANOVA > As traballadoras da conserveira vilanovesa Pérez Lafuente iniciaron esta tarde unha nova rolda de protestas. Desta vez, ademais das concentracións …

    …ás portas da fábrica, tamén se trasladarán tódolos días da semanas ás seis e media da tarde, ata ó concello pra pedir unha solución á súa situación laboral.

    Puntuais, ás seis e media da tarde, estaban esta tarde as traballadoras da conserveira Pérez Lafuente, diante do concello de Vilanova. Van trasladar ata aquí as súas protestas mentres esperan obter algunha resposta por parte da dirección da fábrica, e non descartan iniciar unha folga, se a situación non cambia. O motivo, que malia que o seu contrato as contempla coma fixas descontinuas, a realidade é que moitas levan traballados a piques 15 días dende que comezara o 2008.

    A maioría dos empregados da conserveira son mulleres, das cales varias xa levan traballando pra fábrica dende hai uns 30 anos. As súas queixas céntranse tamén contra o xerente da empresa, xa que aseguran que dende que este tomara o posto hai tres anos, a súa situación foi a peor, con despidementos, ameazas e expedientes inxustificados.

    Baixo o lema de queremos traballar ou xerente incompetente, as empregadas piden máis carga de traballo, e un plan de viabilidade pra o 2009, xa que se o pasado ano só tiveran seis meses de ocupación, todo apunta a que este ano a situación sexa peor dado que a maioría non levan traballado máis de 20 días. A xustificación que dan dende a conserveira é a falta de pedidos que xustifique poder telas empregadas durante máis tempo.

    Redacción Salnés