O Xuven arrancará a liga o 29 de outubro ante o Chantada

CAMBADOS> A Federación Española de Baloncesto deu a coñcer xa o calendario de competición para a Liga EBA. O Establecimientos Otero de Cambados non disputará o seu primeiro partido ata o 29 de outubro, día no que recibirá no Pombal ó Chantada.

Despois dunha longa espera a Federación Española deu a coñecer xa o calendario de competición para a Liga EBA nos seus grupos A-A e A-B, este último o que engloba ós equipos galegos.

A liga arrancará o 22 de outubro pese a que o Establecimientos Otero de Cambados non o fará ata unha semana despois xa que o grupo de once obrígalle a descansar na primeira xornada. Así as cousas, os de Iago Casal debutarán o día 29 ante o Chantada, nun partido que se disputará no Pombal. O segundo compromiso ligueiro para os cambadeses tamén o terán que afrontar na casa, o 5 de novembro ante o Grupo Inec de Zamora. A liga rematará o 31 de marzo co encontro do Xuven ante o Ourense Capital Termal.

A competición deste ano será moi similar a da anterior. O mesmo número de equipos e tan só dúas variacións: as baixas de Obradoiro e Carballo e a aparición do Baloncesto Narón e o Fidalgo Vecino, de Zamora.

A decisión de retrasar o inicio ligueiro contenta á gran maioría de equipos, que deste xeito concentrarán toda a competiciónen en apenas cinco meses.

A nivel deportivo, a directiva do Xuven continúa a traballar na confección do plantel. A día de hoxe tan só conta con seis homes, todos eles renovados da temporada pasada: Jesús Díaz del Río, Taylor García, Lucas Vaquero, Manu Fernández, Juan Mato e Norman Rey. A prioridade pasa agora por fichar a un pívot, un aleiro e un ala-pivot. O grupo poderíao completar algún xogador da base que alternaría co equipo de Autonómica.

Redacción Salnés