![]()
VILAGARCÍA > Xa está na cadea o presunto autor do atropelo que o domingo lle custou a vida a un veciño de Vilagarcía. Os axentes da Policía Nacional detiveron …
… ó sospeitoso, Pablo Bouzas González, onte pola tarde e grazas á colaboración cidadá. Esta tarde pasou a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía, onde o xuíz decretou o seu ingreso no penal de A Lama.
Ata este momento estivo prestando declaración na Comandancia da Policía Nacional da vila logo de que os axentes o detiveran onte pola tarde na Avenida de Cambados, en pleno centro vilagarciá. O detido conducía nese intre un coche da súa propiedade. E é que o Audi A-4 dunha tía, e co que segundo parece cometeu o atropelo, trasladárono na madrugada do luns ata un taller dunha localidade do norte de Portugal, para arranxarlle os danos causados polo sinistro.
A colaboración cidadá foi moi importante para dar co paradoiro do detido, o que se lle acuda dos delitos de homicidio por imprudencia grave e de omisión do deber de socorro. Por estes dous delitos poden caerlle unhas penas de entre un e catro anos de cárcere, por homicidio imprudente, e de 3 a 12 meses de cadea, pola omisión do deber de socorro.
O detido, é un mozo de 24 anos veciño da parroquia vilagarciá de Vilaxoán, que xa ten antecedentes policiais. Cando o detiveron confesou ser o condutor do Audi A-4 co que se produciu o atropelo, pero negou ir bébedo no momento do accidente.
Apiques tres horas despois do pase a disposición xudicial do detido, na Igrexa Parroquial de Carril foron soterrados os restos de Manuel Abalo, que faleceu na tarde do domingo polas feridas provocadas polo atropelo.
Redacción Salnés







