Os votos da esquerda permiten a aprobación da ordenanza de terrazas

    rosa_abuin100.jpgVILAGARCÍA> A ordenanza de terrazas impulsada pola concellería de Promoción Económica volveu onte a pleno e desta si foi aprobada.

    {flowplayer}images/salnes/terrazas_271109.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A ordenanza de terrazas impulsada pola concellería de Promoción Económica volveu onte a pleno e desta si foi aprobada.

    O texto recolle dúas modificacións achegadas por Esquerda Unida e que permiten ós hostaleiros ter máis liberdade para distribuír e estruturar as súas terrazas, sempre co consenso do Concello. Esquerda Unida tamén reclamou no pleno o acordo político noutros dous asuntos: actualizar o custo das terrazas tendo en conta as zonas e que o Concello subvencione ata o 50 por cento do gasto que teña que afrontar o hostaleiro na súa terraza, sempre que cumpra a normativa laboral.

    PP e IVIL criticaron que se lle entregase o texto da ordenanza dous minutos antes do pleno. Tomás Fole foi especialmente crítico e asegura que a ordenanza non conta co consenso do sector. A edil de Promoción Económica insistiu na necesidade desta ordenanza e aceptou as propostas feitas por Esquerda Unida. En resposta ó PP, Rosa Abuín asegurou que o sector si apoia esta normativa.

    A ordenanza quedou aprobada inicialmente cos votos a favor de Esquerda Unida, PSOE e BNG. PP e IVIL votaron en contra e anunciaron que presentarán alegacións. Para iso hai un período dun mes.

    Redacción Salnés