O GDR Salnés-Ulla-Umia despide o 2025 cun encontro no que se fixo balance do programa Leader

O SALNÉS> O GDR Salnés-Ulla-Umia despide o 2025 cun encontro no que se fixo balance do programa Leader e as axudas que se xestionaron para o apoio a iniciativas que favorezan o desenvolvemento rural. 

Na recta final deste 2025, asemblea do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia. Foi un encontro que tivo lugar en Cambado.

O actual programa Leader abrangue o período 2023-2027. Unha iniciativa para o desenvolvemento das zonas rurais, cos obxectivos básicos de asentar poboación a través da creación e mantemento de emprego e de dotar de servizos esenciais as distintas parroquias e municipios que compoñen o territorio do GDR. Na asemblea destacouse a capacidade de xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural para impulsar e completar proxectos.

E aínda que inmersos no actual programa, no GDR Salnés-Ulla-Umia traballan xa coa vista posta no vindeiro período Leader, que arrancará no 2028.

Un desafío importante, explican dende o GDR, que afrontan coa necesidade, din, de ser máis incisivos para garantir que se manteña a cota de recursos dispoñibles. Un chisco máis complexo, segundo vaticinan, pero que de igual xeito confían en conseguir sacalos adiante, como ata o de agora.