Fernández Moreda supervisou a nova rotonda do cruce de Ponte Goiáns

    moredaboiro_100_150408.jpgBOIRO > Fernández Moreda desprazouse ata Boiro para ver o estado en que quedou o cruce de Ponte Goiáns, despois da mellora acometida pola Deputación.

    {flowplayer}barbanza/moredaboiro.flv{/flowplayer}

    A intersección entre a estrada provincial Boiro-Noia e a estrada comarcal AC-305 soporta diariamente un gran tránsito de vehículos. A mala situación deste cruce convertérao nun punto negro onde se rexistraba un importante número de sinistros.

    Para incrementar a seguridade vial neste punto, a Deputación da Coruña decidiu acometer un proxecto de mellora neste punto que incluíu a creación dunha isleta para regular o tráfico e a construción de beirarrúas en ámbalas dúas marxes nun tramo de 150 metros da estrada provincial.

    O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, comprobou o estado en que quedou este punto tralos traballos, nos que o seu departamento investiu unha partida próxima ós 58 mil euros.

    Convenios cos afectados

    A realización da obra obrigou á expropiación de dúas vivendas, polo que a Deputación tivo que invertir outra partida de cen mil euros para sufragar os convenios cos afectados. Cunha das propietarias, ademais da compensación económica, chegouse a acordo para a construción dunha nova vivenda, sufragada polo ente provincial. A propia veciña achegouse esta mañá a saudar ó presidente da Deputación e amosar o seu agradecemento pola actuación.

    Redacción Barbanza