O concello de Noia urbanizará a contorna das vivendas sociais de Barro

    NOIA> O concello de Noia reurbanizará a contorna das vivendas sociais de Noia. O executivo vén de adxudicar o proxecto que contempla a renovación das beirarrúas, pavimentación e dotación das redes de servizos básicos. Poñer en valor a contorna desta urbanización primando o tránsito peonil fronte ó rodado. Este é o obxectivo do proxecto que vén de adxudicar o executivo de Noia para acondicionar as inmediacións das vivendas sociais de Barro. Acometerase a renovación das beirarrúas e da rede de pluviais e substituirase o alumeado público por outro máis acorde á zona. actuacións que os veciños levan tempo demandando. Precisamente, a adecuación da contorna é unha das premisas do proxecto que contempla a creación dunha plataforma a un mesmo nivel con distintos materiais para a diferenciación dos usos. O importe da actuación ascende a máis de cento oitenta e seis mil euros financiados con cargo ós orzamentos municipais deste anos. Por outra banda, o departamento de Urbanismo do concello está a estudar a posibilidade de solicitar á Xunta a declaración dunha Área de Rehabilitación Integral para esta zona.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí