Preséntase o libro “La correspondencia Gallega e o desastre do 1898”.

    correspondencia_100.jpgPONTEVEDRA > A deputación de Pontevedra presentou esta semana o libro “La correspondencia Gallega e o desastre do 1898”;…

    … un ensaio escrito polo xornalista Xosé Miguel Alonso Bóo.

     O acto tivo lugar no pazo provincial e xunto co autor, tamén estiveron presentes os vicepresidentes da deputación, José Juán Durán, Teresa Pedrosa; o decano da facultade de Ciencias Sociais e da comunicación da universidade de Vigo, Alberto Pena, o enxeñeiro Ricardo García, e o presidente da sociedade San Vicente de Paúl, Ramón Millán. Todos eles quixeron ser partícipes desta nova publicación sufragada polo ente provincial, que recolle o xeito no que viviron os pontevedreses a guerra de Cuba e das Filipinas.

    O autor relata tamén quen foron os mecenas galegos desta guerra, así como os persoeiros da nosa terra que tiveron algo que ver con ela.

    Este libro vai máis aló de relatar os acontecementos históricos, e afonda nas causas, nos preparativos e consecuencias desta guerra, na que finaron 55.000 españois; aínda que só unha pequena porcentaxe, uns 2.000 efectivos se deberán a causas bélicas. Destes finados, 400 eran galegos, razón pola cal se salienta a importancia desta comunidade no desenvolvemento deste conflicto hispanoamericano.

    Redacción Salnés.