O BNG pide aumentar a capacidade do depósito na ETAP de Noia

NOIA> As obras de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia que está a executar a Xunta nestes momentos cun orzamento de preto de 1’3 millóns de euros son para o BNG insuficientes.

Segundo os nacionalistas, aínda que a actuación aumentará a capacidade da planta potabilizadora, non dará solución ós episodios de turbidez na rede de auga municipal que se veñen rexistrando a cotío dende hai anos no municipio.

Por esta razón o BNG pide ampliar a capacidade do actual depósito.

Dende o BNG sinalan que esta sería a solución definitiva ó problema, que supón un quebradoiro de cabeza para a veciñanza, senón tamén para o tecido comercial e empresarial da vila.