Toruiño preside en Padrón o acto institucional das Letras Galegas

    tourinopadron_100_150508.jpgPADRÓN > O presidente da Xunta presidiu o acto institucional do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé María Álvarez Blázquez.

    {flowplayer}barbanza/tourinopadron.flv{/flowplayer}

    O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, volveu a elixi-la casa de Rosalía de Castro na Matanza para a celebración do acto institucional de conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé María Álvarez Blázquez.

    Bilingüismo harmónico

    Durante a súa intervención Pérez Touriño aproveitou a ocasión para reafirma-lo compromiso do goberno autonómico e o seu propio no proceso de recuperación lingüística que vive Galicia. segundo el son vanos, estériles e están condenados ó fracaso tódolos intentos de escindi-la cidadanía en dúas comunidades por causa da lingua, avogando por un bilingüismo harmónico.

    No auditorio da casa-museo rosaliana congregáronse un bo número de personalidades, tanto da vida política coma cultural. No acto estiveron presentes varios conselleiros como é o caso de Xosé Luís Méndez Romeu, Laura Sánchez Piñón ou Ánxela Bugallo, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o Delegado do Goberno en Galicia, entre outros.

    Interviron tamén na celebración institucional do Día das Letras Galegas a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, o profesor Fernando Acuña Castroviejo e o membro da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos. O acto rematou coa interpretación do himno galego.

    Redacción Barbanza