![]()
CAMBADOS > A coñecida orquestra “Panorama” cumpre nestas datas o seu 20 aniversario e para celebralo , mañá venres pola noite os seus integrantes …
…organizaron unha gala benéfica por todo o alto que reunirá máis de 15 artistas invitados como Carlos Baute ou Andy e lucas entre outros. Agárdanse máis de 10.000 persoas e o lugar escollido será a praza de Fefiñans, a entrada é gratuíta pero os beneficios que se recaden coa venta de cd´s e camisetas iran destinados a asociación española contra o cancro.
Un acontecemento por todo o alto, iso é o que esperan tanto a orquestra “Panorama” como o concello de Cambados que colaborou en todo momento coa iniciativa. 20 anos leva esta orquestra percorrendo os municipios de toda Galicia e agora quixeron celebrar este aniversario cunha gala especial onde compartirán escenario con máis de 15 artistas invitados Carlos Baute, Dani Mata, Rosario Flores, Andy e Lucas, Angy, María, Arancha, Os tonechos, As Canarias, Maquiña, Xavi de Heredeiros da Crus, Manquiña e Kin África, serán algúns deses artistas que participarán no evento.
Unha gala que ten un claro obxectivo, recadar fondos para a loita contra o cancro. Para o concello é toda unha satisfacción que a vila de Cambados fora elixida para este acontecemento A entrada é gratuíta.
Espéranse que mañá venres pola noite se acheguen ata a praza de Fefiñans máis de 10.000 persoas que vibrarán coa maxia e o espectáculo que sempre ofrece Panorama, e nesta quenda coa compaña de artistas de grande renome.
Redacción Salnés







