Presión veciñal para esixir o arranxo do parque infantil de Barraña

    parquebarrana.jpgBOIRO> Un grupo de residentes en Barraña solicita o arranxo urxente do parque infantil situado ó carón das súas vivendas.

    {flowplayer}barbanza/denunciaparquebarrana.flv{/flowplayer}

    O paseo marítimo de Barraña é a carta de presentación de Boiro cara o turismo. Sen embargo, algunhas instalacións situadas no seu contorno atópanse nun avanzado estado de deterioro por mor da falla de mantemento.

    É o caso do parque infantil emprazado no treito final do paseo que non foi obxecto de ningunha mellora en anos. O uso e o paso do tempo foron deteriorando os xogos que a día de hoxe están inutilizables. Ademais, as instalacións quedaron totalmente obsoletas polo que os usuarios piden a construción dun novo adaptado á actual normativa que non supoña riscos para os cativos.

    Apoio veciñal

    Os usuarios iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas na que, en tan só un día, acadaron máis de catrocentas. O escrito coas firmas xa foi rexistrado no concello. Á espera de obter unha resposta por parte da administración local, os pais teñen previsto continuar coa campaña de sensibilización e volverán recoller sinaturas o próximo domingo.

    Mala imaxe

    Ademais da necesidade de contar con máis espazos de lecer para a mocidade, os veciños denuncian o feísmo desta instalacións que dá un aspecto de abandono ó paseo marítimo.

    Desta reivindicación veciñal tamén se fixo eco o grupo municipal do PP que solicita a inclusión dunha partida nos orzamentos para o arranzo deste parque.

    Redacción Barbanza