RIANXO> Para o PSOE de Rianxo, esta situación vén derivada dunha mala decisión por parte do equipo de goberno como foi a última aprobación dos orzamentos de 2024, ligada a unha cuestión de confianza.
Daquela os socialistas, que votaron en contra desa aprobación, xa denunciaban que o orzamento estaba desvirtuado.
Rial di que existen varios agravantes que hai que solucionar como é o caso do contrato da auga.
Dende o PSOE rianxeiro esíxenlle o grupo de goberno unha maior responsabilidade na xestión económica, e que a improvisación e a falta de rigor económica non sigan hipotecando o futuro do municipio.