Concello, Deputación e Subdelegación do Goberno únense na repulsa ó atentado

    concentracion_contra_eta_300.jpgPONTEVEDRA > Convocadas pola Federación Española de Municipios e Provincias, as principais cidades do país secundaron esta mañá as concentracións

    … silenciosas en repulsa ó atentado cometido onte por ETA e que lle custou a vida ó garda civil Juan Manuel Piñuel. En Pontevedra, Concello, Deputación e Subdelegación do Goberno uníronse nesta condena en silencio ó atentado, que se celebrou fronte a sede do Goberno na provincia ó estar en obras a casa consistorial.

    As tres institucións públicas da provincia sumáronse deste xeito ó espírito de unidade fronte o terrorismo que xa se simbolizou onte no Congreso dos Deputados coa declaración conxunta de condena asinada por tódolos partidos políticos. A primeira vez que compadecen xuntas as forzas políticas para mostrar a súa repulsa á banda tralos seis asasinatos de ETA despois da tregua.

    O atentado contra a casa cuartel da Garda Civil de Legutiano, en Álava, custoulle a vida o axente Juan Manuel Piñuel, de 41 anos, casado e cun fillo. Outros catro gardas civís resultaron feridos trala explosión, que se efectuou dende un coche roubado pola banda terrorista en Francia.

    Redacción Salnés