![]()
RIBADUMIA > Esta tarde inaugurouse en Ribadumia a Biblioteca Municipal, unhas instalacións recentemente remodeladas…
… que se atopan dentro da Casa da Cultura de Ribadumia. O acto estivo presidido pola alcaldesa local Salomé Peña e a concelleira de Cultura, Lidia Álvarez; que preguntaron ós pequenos e pequenas o seu parecer sobre estas novas dependencias.
Esta reforma non supuxo un importante desembolso económico pero si ven a satisfacer unha necesidade destacada da poboación de tódalas idades; que a partir de agora poderán disfrutar da lectura nunhas condicións óptimas.Así as salas de pequenos e de adultos, dispoñen dun mobiliario novo e dun catálogo máis amplo que se verá incrementado nun futuro próximo. Os cativos e cativas deste concello foron os primeiros en estrear estas instalacións, ca realización dun taller de animación á lectura en galego.
Esta actividade ven a completar o programa previsto por este concello para conmemorar o día das letras galegas.O sábado ás sete da tarde no auditorio actuarán o grupo de monicreques Nin Fú Nin Fa; e o domingo ás seis e media, actuará a agrupación Músico Cultural de Ribadumia.
Redacción Salnés







