Preséntase na Illa a campaña “Un libro por un gol”

camapaa250_160508.jpgA ILLA > A Sala de Xuntas do Concello da Illa de Arousa acolleu esta mañá a Presentación da Campaña “Un gol por un Libro”, un acto presidido polo alcalde Manuel Vázquez. Este novedosa iniciativa pretende ligar o deporte coa literatura, para tentar fomentar entre os máis pequenos o hábito a lectura.

Un gol por un libro. Máis claro auga. Dende o Concello da Illa de Arousa co inestimable apoio do Real Club Celta de Vigo e o equipo local do Céltiga, preténdese facer unha chamada para os rapaces empleen da mellor maneira posible o seu tempo: practicando deporte e lendo.

Por iso levarase a cabo este concurso. Os rapaces deberán facer cada un unha redacción baseada nos slogans propostos pola organización tales como “Un libro a mellor fichaxe” ou "Se les, ninguén che metará un gol". Os gañadores levaranse un balón firmado polos xogadores do Celta, que se lles fará entrega o día 28 no campo Salvador Otero, unha tarde na que ós rapaces recibirán un libro por cada penalti que metan. Unha excusa perfecta para que os porteiro se diesen marcar.

A gran ausencia esta mañá foi a de Vlado Gudelj, ex xogador do Celta e Compostela entre outros, que se comprometera a acudir á presentación pero que polo recente falecemento do médico e amigo de seu Genaro Borrás, tivo que ausentarse.

Sí que estará o día 28 no Salvador Otero xunto con varios xogadores do Céltiga e outros celestes como Cannobio, Sergio, Esteban ou Lequi que xa confirmaron que acompñarán ós nenos nesa tarde tan especial.

Redacción Salnés