PONTECESURES> A Deputación de Pontevedra asumirá o 100% do financiamento do proxecto de reordenación da rúa Carlos Maside, en Pontecesures. O presidente e a alcaldesa asinaron un convenio no marco do Plan Extra polo cal a administración provincial achegará 371.000 euros máis á actuación. Esta contía súmase aos 65.500 procedentes do Plan +Provincia que o goberno local destinará á reforma. Deste xeito, os 436.000 euros que custará a intervención procederán de fondos provinciais.
A Deputación de Pontevedra asumirá o custo total do proxecto de reordenación da rúa Carlos Maside, en Pontecesures. A obra supón un investimento de 436.000 euros. Deles, 65.500 proceden do Plan +Provincia. A contía restante sufragarase con cargo ao Plan Extra.
O presidente provincial e a alcaldesa da vila asinaron o convenio que permitirá levar adiante esta actuación. No proxecto proponse a peonalización do treito comprendido entre a fachada da antiga fábrica de Gaseosas Zabala ate o entronque co paso inferior do ferrocarril. Mentres que no resto do viario converterase nunha plataforma única de preferencia peonil compartida cos vehículos.
Máis aló desta achega, o concello de Pontecesures recibirá este ano máis de 890.000 euros da Deputación a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Para iniciar os traballos na rúa Carlos Maside, o concello está pendente de recibir a autorización de ADIF para iniciar o proceso de licitación e a posterior adxudicación da obra.