Os alumnado de Ribadumia crean un lazo humano contra o machismo

RIBADUMIA> En Cambados e Ribadumia tamén se sumaron ás mobilizacións en contra da violencia de xénero. En Ribadumia a lectura do manifesto tivo lugar no interior do concello por mor do mal tempo. A continuación o alumnado da vila creo un lazo humano en repulsa ao machismo.

Música. O acto en Ribadumia comezou cunha actuación musical por parte de dous alumnos dos centro educativos da vila. A continuación, na sala de plenos, os presentes con camisetas, globos e pancartas negras mostraron a súa repulsa á violencia de xénero. O alcalde destacou a importancia de realizar estes actos cos nenos.

A continuación foi a quenda do alumnado do concello que denunciaron a violencia de xénero e a aqueles que non a condenan.

No acto participaron máis de 50 nenas e nenos. Para finalizar a mobilización xuntáronse na praza do concello para formar un lazo humano como denuncia á violencia de xénero.