15 usuarios do CODI de Valga participan nun taller de iniciación ao scrapbooking

VALGA> A Deputación de Pontevedra celebrou no CODI de Valga un taller de iniciación ao scrapbooking. Unha actividade de creación de postais e álbums fotográficos a través de manualidades con papeis. Participaron 15 usuarios de ASDIVALU.

A Deputación de Pontevedra a través do seu programa de igualdade Conectados levou ao CODI de Valga un taller de iniciación ao scrapbooking. Unha actividade que consiste en crear postais e álbums fotográficos con manualidades de papel. Na iniciativa participaron 15 usuarios de ASDIVALU.

O taller tivo unha duración de 30 horas no que os usuarios crearon diferentes postais. A actividade serviulles para traballar a motricidade.

O obxectivo deste taller e do programa Conectados da Deputación de Pontevedra é loitar pola igualdade de oportunidades para este colectivo.

Os participantes mostraron a súa satisfacción e desexaron poder facer máis traballos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí