![]()
POBRA > O concello da Pobra acometerá a renovación da rede de auga e saneamento na estrada de Colo da Arca a Aldea Vella.
{flowplayer}barbanza/tubaxescoloarca.flv{/flowplayer}
Dende hai meses, os operarios da empresa INDEZA traballan nas obras de ensanchamento da estrada CP-6702 que une o Colo da Arca coa Aldea Vella. No proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 752 mil euros, non se contemplaba a renovación das tubaxes de auga e saneamento, colector xeral e acometidas ás vivendas. Por elo, o executivo pobrés decidiu solicitarlle esta actuación ó deputado provincial responsable de Obras e Servizos, Bernardino Rama.
O ente provincial achegou unha contía de 120 mil euros que se verán complementados cunha partida municipal de 72 mil euros. As obras xa se iniciaron esta semana e o executivo estima que a actuación integral da estrada estará rematada no mes de agosto.
Máis seguridade
Unha vez rematada esta actuación verase notablemente incrementada a seguridade nesta vía que quedará cun ancho de sete metros na calzada e arcéns de metro e medio.
Segundo o rexedor pobrés tratábase dunha actuación moi necesaria posto que esta estrada soporta un gran tránsito de vehíuclos e de peóns, especialmente durante o verán, posto que conduce ás piscinas naturais do río Pedras e o contorno da Misarela.
Redacción Barbanza







