BOIRO> O concello e a Xunta supervisarán as emisións de Calizamar para corrixir os fallos para permitir que a factoría retome a actividade.
{flowplayer}barbanza/reaperturacalizamar.flv{/flowplayer}
Tanto a administración autonómcia como a local comparten a necesidade de axudar á reapertura desta factoría xa que contribúe a resolver un problema medioambiental, reciclando un residuo de difícil eliminación como é a cuncha de mexillón. Sen embargo, a súa actividade non pode prexudicar á súa vez ó medio ambiente nin ós veciños que viven nas proximidades do polígono de Espiñeira.
Por iso, na xuntanza mantida onte co Director Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental, a Consellería de Medio Ambiente, accionista maioritaria da empresa, comprometeuse a achegar tódolos medios técnicos e humanos para controlar e reducir as emisións derivadas da actividade de Calizas Mariñas.
Adecuación das instalacións
O primeiro paso que dará a empresa para retomar a actividade será a retirada do produtos que a día de hoxe ten almacenado para darlle saída no mercado e obter liquidez. A continuación acometerán unha serie de reformas nas instalacións para reducir o impacto ambiental da súa actividade, supervisada por técnicos municipais e de Medio Ambiente.
O próximo luns celebrarase xa a primeira xuntanza dos técnicos para analizar os problemas que ocasiona Caliza Mar e acelerar a súa resolución xa que a intención da empresa é comezar a funcionar antes do mes de xuño para non perder a campaña do mexillón.
Redacción Barbanza