![]()
VILAGARCÍA > A concelleira de Deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, fixo saber esta mañá a renuncia do Concello á creación da Escola Municipal de Vela no novo Centro de Tecnificación. O elevado investimento que a Dirección Xeral para o Deporte lle esixe aportar, foi a causa prinicipal desta negativa.
Despois de valora-las conclusións obtidas dunha reunión mantida hai quince días coa Dirección Xeral para o Deporte, o Concello Vilagarcía optou por renunciar á parte que lle ía correspoder do Centro de Tecnificación de Vela que se está a construír no Porto e que está a piques de finalizarse.
Victoria Hierro, concelleira de deportes, transmitiou esta mañá que esta negativa se debe á falta de entendemento no aspecto económico entre as dúas institucións. O goberno local pretendía invertir un 25% da parte que logo vai ser desfrutada polos vilagarciáns, a da Escola Municipal de Vela,e non da súa totalidade do edificio como así quere a Dirección Xeral.
O custe total da obra ascende a case dous millóns de euros, polo que o concello debría aportar medio millón, demasiados cartos para invertir nunha Escola Municipal, xa que a maior parte do centro estará destinado a deportisitas de élite e será explotado pola federación nacional.
Dende o goberno local consideran inxusta e inasumible a cantidade que lles solicitan e por iso renuncian a posibilidade de crear a escola neste momento, se ben pretenden iniciar outro proxecto que sexa máis abarcable económicamente.
Redacción Salnés







