Máis de 121 mil quilos de aceites recollidos no porto ribeirense

    RIBEIRA> Trátase duns datos significativos que, segundo o presidente de Portos de Galicia, evidencian que se trata dun peirao fundamental no sistema portuario galego. José Juan Durán presentou o balance anual do servizo de recollida de aceites usados e filtros dos barcos no peirao ribeirense que acadou unha cifra superior ós 121 mil quilos. Uns datos segundo el significativvos e que veñen a evidenciar polo volume de residuos recollidos de que o porto ribeirense é un dos máis importantes do sistema portuario galego. Durán aproveitou a súa visita á Ribeira para falar tamén doutras actuación en marcha que o ente autonómico está a desenvolver neste concello. Así anunciou que xa está en proceso de licitación as obras de dragado e construción da rampla no porto de Aguiño que conta cun presuposto de 198 mil euros, e informou tamén que se está configurando o software para que o sistema de control de accesos no porto de Ribeira poida iniciarse xa no período de probas.