A Asociación de Empresarios de Ribeira sortea mil euros polo Día da Nai

RIBEIRA> Máis de medio cento de establecementos participarán na campaña do Día da Nai que promove a Asociación de Empresarios de Ribeira. Ademais do premio especial de mil euros, sortearase unha cea e varias cestas da compra.

Mañá arranca en Ribeira a Campaña comercial do Día da Nai. Os clientes que realicen as súas compras en calquera dos 55 establecementos participantes entrarán no sorteo  dun premio especial de mil euros a gastar nun só día. Grazas á colaboración de Chicolino e GADISA sortearase tamén unha cea para dúas persoas e dúas cestas da compra valoradas en 50 euros cada unha.

A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do concello de Ribeira. Dende a administración local animan ós veciños a participar dinamizando así o tecido comercial da vila. Poñen ademais a disposición dos clientes tickets de estacionamento gratuíto para facilitar as compras.

A campaña finaliza o día 4 de maio e o 5 realizarase o sorteo. Para participar tan só é preciso rexistrar os tickets de cada compra na web da asociación.