Recoñecemento municipal ó Club Natural Sport polos éxitos acadados neste 2022

RIBEIRA> O Club Natural Sport de Ribeira pasa por ser un dos equipos máis laureados na historia do taekwondo a nivel nacional.

No seu haber conta con varios campionatos de España e tamén autonómicos e moitos dos seus deportistas conquistaron tamén logros importantes a nivel internacional.

Esta mañá unha representación do Club foi recibida no salón de plenos. O acto serviu tamén para facer balance dos logros acadados ó longo deste último ano

O alcalde, Manuel Ruíz, destacou o traballo que vén desempeñando o Natural Sport e aproveitou o acto para falar do proxecto do módulo de atletismo, no que se incluirá o centro de tecnificación de deportes de contacto, que agarda sexa xa en breve unha realidade.

Como é costume neste tipo de recepcións oficiais, o acto rematou coa tradicional foto de familia ás portas da casa consistorial. Unha instantánea á que, ademais dos integrantes do club, deportistas e directivos, se sumaron tamén representantes da corporación municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí