Pletórica xornada para os equipos de baloncesto

balonman250_070408.jpgVILAGARCÍA > Pleno de victorias dos equipos do Salnés. Extrugasa e Establecimientos Otero pasaron literalmente por riba dos seus rivais mentres que o Inelga tamén se levou o triunfo aínda que xeito máis traballado.

O Extrugasa non tivo rival este sábado. O encontro durou pouco máis de 14 minutos, o tempo que tardou en quedar dicidido o partido grazas a un parcial das vilagarciáns de 17-0 que as poñía 21 arriba ó descanso.

O Extremadura Dato demostrou por que ocupa postos de decenso na Liga Feminina cun xogo desbalazado tanto en defensa como en ataque. Nos primeiros compases as de Isaac Fernández contaxiáronse dese xogo e por iso viuse un primer cuarto moi errático.

Pero de novo as xogadoras que entraron dende o banquiño foron clave na resolución favorable do encontro, sobre todo despois de ver como Agne Ciudariene tíñase que ir ó banquiño con tres faltas ós cinco minutos de comezar. Coas diferencias por riba dos vinte puntos na segunda metade o único interese estivo en ver por canta marxe gañaría o Extrugasa; ó final por 36, 80-44.

Aínda así, o público desfrutou dos últimos minutos de xogo nos que Isaac Fernández deu entrada na pista ás xogadoras menos habituais, como Andrea López, Alejandra Nogueira e Helena Mariño; como dato a destacar, dicir que tódalas xogadoras que foron convocadas, todos xogaron e todas anotaron, algo insólito.

O mellor desta xornada é que ademais caeron os tres perseguidores das vilagarciáns, Olesa, Gran Canaria e Seu Durgel, co que agora son dúas victorias de marxe as que ten co noveno clasificado para manter ese praza de playoff.

Un playoff que en Liga EBA ve cada vez máis preto o Inelga despois de acada-la súa novena victoria consecutiva diante do Cidade de Ponferrada por 71-77. Agora son sextos na táboas, a dous triunfos do noveno clasificado e coa mente posta no vindeiro partido cando reciban en Fontecarmoa ó lider Domo Residencial Oviedo.

Destacar tamén a victoria sen paliativos que acadou o Establecimientos Otero ante o Celtas por 67-97. Continúan terceiros na xeral.

Redacción Salnés