Ribeira entrega as bolsas a vinte deportistas non profesionais da localidade

RIBEIRA> O salón de plenos foi o lugar escollido este mediodía para a celebración da recepción simbólica ós vinte deportistas non profesionais da localidade ós que o Concello lle outorgou unha bolsa individual para que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade deportiva.

Todos eles son deportistas de alto nivel que compiten habitualmente a nivel autonómico, nacional e incluso internacional.

As achegas a cada un deles vai dende os trescentos ós mil euros.

Dende o Concello destacaron a importancia destas axudas que ascenden a un total duns 14 mil euros, coas que se pretende apoiar a estes mozos deportistas para que poidan seguir desenvolvendo a súa actividade deportiva ó longo de todo o ano.