RIANXO> A proba, organizada polo Club Triatlón Rianxo e a Federación Galega de Triatlón, terá lugar o vindeiro 24 de xullo e nela prevese unha participación duns 150 atletas.
Rianxo será sede o vindeiro 24 de xullo do Campionato Xunta de Galicia de Traiatlón Cross. A proba organizada polo Club Triatlón Rianxo e a Federación Galega de Triatlón, en colaboración co propio concello rianxeiro, desenvolverase no entorno da praia da Torre, en Taragoña. Será en xornada de tarde, a partir das catro, e combinará tres modalidades deportivas: 750 metros de natación, 21 quilómetros en bici e 5’2 de carreira a pé.
Dende a FEGATRI destacaron a importancia da proba, nunha modalidade coma o Tricross que se recupera, despois de anos de ausencia no calendario oficial.
Dende o Concello destacaron a importancia de poder acoller esta proba, que se desenvolverá ademais por enclaves visualmente moi atractivos.
As inscricións xa están abertas podéndose realizar ata o 20 de xullo a través da propia páxina da Federación Galega de Triatlón: www.fegatri.org. As prazas son limitadas ata un máximo de 150 atletas.